Suárez: «Imos a por todas»
O adestrador do Celta xuvenil, que mañán arranca en Lugo ante o Betis a final a catro da Copa do Rei, salienta a confianza dun equipo que non pon «un teito»

Os xogadores do Celta Xuvenil posan na Madroa tras gañar o pase a Final Four tras superar ó Athletic Club. | PABLO HERNÁNDEZ GAMARRA
J. C. Guillade
Unha nova xeración de canteiráns asoma con forza na Madroa, os que dende mañán afrontarán no Anxo Carro de Lugo a primeira das eliminatorias da final a catro da Copa do Rei xuvenil, un torneo que o Celta estivo a piques de gañar en 1964, con Manolo, Costas, Félix Carnero, Lito..., xogadores que anos despois contribuiran a clasificar ó equipo celeste por primera vez nunha competición europea. Barcelona, Betis e Deportivo esperan en esta ocasión a un Celta que abrirá a competición ante o conxunto sevillano este mércores, dende as 18:30 horas.
O conxunto celeste, adestrado polo lucense Alberto Suárez, gañou o billete para participar nesta Final Four tras deixar fora de maneira brilante algunhas das canteiras máis valoradas do país: Villarreal, Atlético de Madrid e Athletic Club. Eses resultados positivos elevaron a autoestima dun grupo que se amosa máis competitivo en cada xornada. «Temos unha canteira, como estamos a demostrar, dun nivel altísimo, independemente dos xogadores que poidan participar», fala Suárez, quen en moitas ocasións ten que ceder pezas importantes como Kibet, Sobral ou Khayat ao Fortuna. «Pra min é doado a cesión de xogadores ao filial. É un gustazo velos 90 minutos que fai Kibet onte na Primeira RFEF, a calidade de tódolos xuvenís que están a aportar ao Fortuna. Ese é o obxectivo: achegar aos rapaces o máis cerca posible ó fútbol profesional».
Suárez céntrase no primeiro reto, o Betis, sin pensar máis aló. «Non quero falar máis aló do partido do mércores, ante un dos mellores conxuntos de España, que nos vai esixir moitísimo para conseguir o pase á final. Normalmente, este formato a catro é moi aberto, con partidos con moitas situacións nas dúas áreas que, independentemente de quen se adiante no taboleiro, sempre estás vivo no partido. Calquera dos catro pode conquistar o título», valora o adestrador celeste.
Do Betis, non esquece que veña de eliminar ao Real Madrid. «É un equipo de gran nivel, que leva moitísimos anos facendo ben as cousas, tanto na Liga como na Copa de Rei, na Copa de Campións ou na Youth League. Un equipo similar ó noso, que aposta por un fútbol ofensivo, que suma moitos goles. Seguro que será un partido moi fermoso para ós seareiros, e veremos a moitos xogadores que en pouco tempo estarán no fútbol profesional».
Suárez, que leva cinco anos como técnico da canteira do Celta (pasou polo cadete A; ao ano seguinte, no xuvenil B; e dende fai tres tempadas, no xuvenil A), refírese á eliminatoria ante o Villarreal como o punto de inflexión na medra do equipo. «Ese partido foi moi importante para nós pola maneira de afrontalo. Xogamos mellor que eles, que se adiantaron no taboleiro por un erro noso. Pero despois gustoume o comportamento do equipo, seguir insistindo, e como remontamos no taboleiro. Fixemos un esforzo brutal e demostramos que podemos gañar a calquera. Foi un momento moi positivo para reforzar a confianza dos rapaces, e dende ese día teño a sensación de que o equipo compite mellor».
Os dirixentes do Celta tamén destacaron esa victoria polo potencial que amosa a canteira do Villarreal. «Os responsables do Celta están moi próximos do equipo, dos rapaces, sumando sempre; e penso que os responsables do clube son unha parte fundamental do momento que está a vivir o Celta, non solo o noso equipo, senón tamén o filial ou o primeiro equipo», convén o adestrador do xuvenil.
Os de Suárez veñen de gañar a fin de semana o derbi ante o Val Miñor. Teñen pouca marxe para preparar a cita co Betis, pero o seu adestrador confía «na ilusión e na ambición que teñen os rapaces», para igualar os aspectos deportivos cos rivais. «Chegamos en moi boas condicions, con moitos xogadores en moi bo momento e con moita enerxía», subliña.
No Anxo Carro, que acolle esta competición xuvenil por segunda ocasión, Suárez espera a presenza de moitos seareiros do Celta. «Sempre é un plus contar con xente que nos apoia. Para mín, sendo de Lugo, que se xogue alí a final é un aliciente máis. Ademais, é un campo que atópase en boas condicións».
Catro anos atrás, alí tamén xogou o Celta outra final a catro da Copa do Rei xuvenil. Entón, o adestrador era Claudio Giráldez, que dirixía un equipo con rapaces que compiten na máxima categoría, como Hugo Sotelo, Damián Rodríguez, Javi Rodríguez, Fer López, Hugo Álvarez, Yoel Lago.Esa xeración do 2003 deu paso a do 2007, con Kibet, Khayat, Noah Rodríguez, Server, Fraga, Sálamo, Chirveches, Sobral, Hugo Pérez, Noya, Beltrán, Davila, Carro, Ildefonso ou Jorge Pérez. «Aos rapaces pídolles que disfruten de cada minuto deste torneo porque é una experiencia única, que gañamos estar aí co noso traballo e esforzo, e imos a por todas pero sen poñer un teito», subliña un Alberto Suárez que representa o pulo dos técnicos da canteira do Celta.
Vía: Faro de Vigo
- Dardo de Guardiola tras la eliminación del Manchester City: 'Felicidades al Real Madrid y felicidades a todos vosotros
- Manchester City - Real Madrid, en directo: goles y resultado del partido de Champions League, en vivo
- Dro ya crea problemas en el PSG: revuelta en el fútbol base parisino
- Manchester City - Real Madrid: polémica y reacciones en directo del partido de la Champions League
- Enzo Fernández asoma como fichaje bomba de Florentino: "Tiene opciones de salir este verano"
- Willy Hernangómez 'renuncia' a seguir en el Barça
- Al Barça le tocará pagar más millones por Koundé
- El Athletic, ante un problema real: caída de Nico Williams