Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Secciones

Bragado presentou a súa «Afouteza»

O escritor falou da súa última obra nun acto no salón rexio de A Sede, completamente ateigado

Juan Carlos Álvarez, Xabier Romero, Manuel Bragado e Jacobo Buceta, durante a presentación. | JOSÉ LORES

Juan Carlos Álvarez, Xabier Romero, Manuel Bragado e Jacobo Buceta, durante a presentación. | JOSÉ LORES

Redacción

Vigo

O salón rexio de A Sede, ateigado para a ocasión, acolleu onte a presentación de «Afouteza celtista», a última obra de Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959). O mestre e editor ten recolleitado nesta «gramática do fútbol celeste» os últimos anos do equipo galego a través das crónicas publicadas no FARO –con fotografías do decano- baixo o epígrafe Campo do Fragoso.

Na presentación, conducida polo xornalista Jacobo Buceta, participou o autor do limiar, o xefe de Deportes de FARO, Juan Carlos Álvarez, e o editor do libro, Xabier Romero, de Elvira, amáis do propio autor. Bragado repasou ante todos os asistentes a súa biografía vencellada ó Celta e tamén as súas impresións sobre o gran momento deportivo e social que está a vivir a institución. Asistiron o conselleiro céltico Sergio Álvarez, a vicepresidenta da Deputación, Luis Sánchez, e a delegada da Xunta, Ana Ortiz.

Vía: Faro de Vigo