Álex, o rapaz que soña con coñecer aos xogadores do Celta
O mozo, de 16 anos, que se comunica cun dispositivo dixital, é un gran seareiro celeste
Estuda no Centro Amencer de Vigo para nenos e nenas con parálise cerebral

Álex Fernández, co canteirán céltico Fran López.
R. V.
«Álex non pode falar. Pero iso non significa que non teña nada que dicir», contan os xornalistas Alfonso Hermida (@alfhermida en X) e Carlos Alberto Sánchez (laiosacasp en Instagram). Os dous retratan a través das súas redes sociais a historia dun seareiro céltico moi especial: Álex Fernández, un rapaz de 16 anos, que estuda no Centro Amencer de Vigo, xestionado por ASPACE, onde traballan con nenos e nenas con parálise cerebral.
Como eles contan, Álex aprendeu a se comunicar cun dispositivo dixital que manexa co movemento dos seus ollos. Entre os seus temas de charla preferidos coas súas logopedistas, Ana Lago e Laura Moreira, destaca o Celta. «Grazas á tecnoloxía, e ao seu esforzo, hoxe Álex participa en conversas, mostra a súa personalidade e toma decisións», escriben Hermida e Fernández. «Para Álex, o Celta é moito máis co seu equipo. É conversa cos amigos. É a emoción durante o día do partido».
Un dos soños de Álex é poder coñecer ou alomenos poder saudar aos seus ídolos. «Eses 'ola, Iago! ola, Borja!' son para el moito máis que un saúdo». Xa estivo co excanteirán Fran López, que estivo a facer prácticas de fisioterapia no centro e lle levou a súa equipación.
Vía: Faro de Vigo
- Manchester City - Real Madrid, en directo: goles y resultado del partido de Champions League, en vivo
- Manchester City - Real Madrid: polémica y reacciones en directo del partido de la Champions League
- Enzo Fernández asoma como fichaje bomba de Florentino: "Tiene opciones de salir este verano"
- Al Barça le tocará pagar más millones por Koundé
- El Athletic, ante un problema real: caída de Nico Williams
- El Barça se enfrenta a un dilema: "Ya están tardando en aplicarlo"
- Así está el cuadro de la Champions League en octavos: cruces, equipos clasificados y posibles rivales de Real Madrid, Barcelona y Atlético en cuartos
- Laporta no descarta un fichaje en el basket para esta temporada: 'Estamos mirando si hay margen